Facer

Xeoruta dos Ollos

De Balde
* Tarifa con período de vixencia limitado
xeoruta

Esta zona da costa de Ribadeo é moi peculiar, forma parte do que se coñece como “rasa cantábrica”, que non é outra cousa que unha superficie achairada a medio camiño entre os cantís e as montañas, duns 3 quilómetros terra a dentro. As rochas que atopamos nestes cantís son lousas e cuarcitas, que forman capas ben visibles e que se erosionan facilmente co embate do mar. Esta erosión é moi intensa, o cal favorece a formación de furnas (covas mariñas), ollos (bufadoiros), arcos e illotes. Todas estas peculiaridades fan que esta zona teña o recoñecemento de lugar de interese xeolóxico. A xeoruta dos ollos toma este nome da concentración, nesta parte da costa, dunhas formacións xeomorfolóxicas denominadas “Ollos”. Este é o nome que lle deron os pescadores locais ás estruturas circulares que aparecen nas zonas litorais, e que permite a entrada de luz nas furnas, así, dende o mar parecen ollos de luz nas escuras paredes do cantil.

Elixe día e reserva a túa visita

Xullo

Agosto 
Setembro

Duración: 3 horas

De balde /Grupo máximo: 20 persoas

Máis info e reservas:
•             Na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo.ribadeo.gal
•             No blog https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/

Punto de encontro: praza de Santa Catarina en Rinlo. Coordenadas: 43.556618, -7.103334

*Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia. Manteranse todas as medidas hixiénico sanitarias por mor do COVID 19.

Compartir: