Facer

Xeoruta dos Pregues

* Tarifa con período de vixencia limitado
xeoruta

Nesta xeoruta descubriremos unha das maiores estruturas xeolóxicas da Mariña lucense, estamos a falar dun gran pregue que se estende dende a Ría de Foz ata a Ría de Ribadeo. Neste sector camiñaremos pola súa charnela, zona de máxima curvatura, caso das enseadas da Vella e do Loureiro. Este pregue xerouse durante o Paleozoico Superior, debido a colisión de dous supercontinentes fai máis de 350 millóns de anos. Como complemento da visita, destacaremos a presenza de bos exemplos de erosión diferencial, e materiais que falaran de que o nivel do mar non sempre foi o mesmo.

Calendario de Visitas

Xullo


Venres día 14 _ De 16:30 a 19:30h
Venres día 28 _ De 16:30 a 19:30h 


Agosto
 
Mércores día 9 _  De 10:30 a 13:30h
Luns día 21 _ De 16:30 a 19:30h


IMPORTANTE!!!! A reserva de cada visita non se poderá realizar ata 7 días antes da mesma.


Duración: 3 h.
Distancia a pé: 4km.
Dificultade: baixa.
Punto de encontro: na área recreativa da Areosa (Piñeira). Coordenadas: 43.556003, -7.064298

Gratuíta /Grupo máximo: 20 persoas

Máis info e reservas:
• Na sección de “MOMENTOS” na páxina web: turismo. ribadeo. gal
• No blogue https:// rutasxeoloxicasdegalicia. blogspot. com/


**Recomendacións: levar roupa e calzado cómodos, pero adaptados ás condicións meteorolóxicas. Non é recomendable o calzado de praia.

Compartir: