Facer

Pesca Recreativa

desde 30 €
* Tarifa con período de vixencia limitado
Pesca Recreativa

A ría de Ribadeo é, sen dúbida, un dos estuarios máis pintorescos do Cantábrico, así como o mellor escenario para practicar a pesca deportiva dende embarcación, tanto pola súa abundancia de pesca como polo tamaño e a calidade dos seus  exemplares, que convertirán os nosos días de pesca en días inesquecibles

Técnicas (modalidades)

Spinning
Trátase dunha das modalidades de pesca máis deportiva, técnica e prolífera para a captura de robaliza na ría de Ribadeo, tanto empregando reclamos de profundidade,  de superficie ou vinilos brandos. As condicións da ría fan que este estilo de pesca se poida realizar durante todo o ano, sendo a primavera e o verán a época en que as robalizas adoitan aceptar mellor este tipo de reclamos.

Fondo
Utilizando esta modalidade de pesca conseguiremos as capturas máis abundantes e as de maior tamaño das nosas xornadas, capturando todo tipo de especies que habitan a ría como douradas, robalizas, sargos, panchos, pragos, salmonetes… Sen dúbida, teremos xornadas moi atractivas e non aptas para cardíacos.

Cacea o Curricán
Poñendo as nosas canas nos caneiros e facendo navegar os nosos reclamos artificiais conseguiremos boas pescatas de xardas, xurelos e robalizas gozando da pesca, a navegación e a paisaxe nunha mesma xornada.

Descrición da rota

  • Dificultade: media-baixa.
Perfil do participante
  • Non é preciso experiencia.
Contacto

Compartir: