Facer

Surf

Unha das mellores formas de gozar do mar, de sentir a súa forza e bravura, é a través do surf e a nosa costa ofrece verdadeiros santuarios para os afeccionados a este deporte.

Cun litoral moi extenso e unha orientación privilexiada, gozarás de oleaxe durante todo o ano e case con calquera vento. Grazas á nosa extraordinaria situación xeográfica, en calquera época do ano poderás coller excelentes ondas, potentes, moi variadas e de bo tamaño.





Compartir: